TTCC Valadares

[GAL]

Territorios Colectivos Valadares é un blogue iniciado como parte do VI Encontro de Arquitecturas Colectivas: AACC Galiza, que se desenvolverá en Valadares (Vigo) do 11 ao 14 de setembro de 2013.

O seu comezo débese á confluencia en torno a unha serie de cuestións compartidas de varios dos proxectos que se desenvolverán no encontro:

- por unha parte, afinidade temática, xa que o seu desenvolvemento implica dalgún modo a investigación sobre novas formalizacións do territorio galego contemporáneo (a través da revisión de ideas como a urbanidade das cousas ou a crise do dereito á cidade) e a análise da súa materialización ¿xenérica? no ámbito de Valadares que habitaremos durante estes días,

- por outra parte, o enfoque, xa que comparten un posicionamento crítico-pero-inevitablemente-optimista sobre os valores duns territorios que a técnica considera desgraciados e que o capital só concibe como a "súa" futura oportunidade,

- e por último, os seus obxectivos, xa que o que buscan son novas fórmulas para posibilitar o "bo vivir" nun medio onde o colectivo parece dispoñer dos espazos e tempos apropiados para dialogar dunha forma alternativa co público e o privado.

A partir das semanas previas ao encontro iranse colgando aquí todo tipo de documentos e recursos de traballo, xa que un dos obxectivos do blog é proporcionar á comunidade Alg-a e aos veciños de Valadares unha recompilación de información, análise e propostas sobre o seu territorio que, partindo dun enfoque crítico con respecto ás doutrinas institucionais e capitalistas sobre a cuestión urbana na Galicia difusa, rururbana, transxénica ou como queiramos definila, formulen novas e optimistas posibilidades de lectura de elementos como o Alg-a Lab ou da propia estrutura urbana da parroquia. Unha humilde contribución ás derivas vitais e activistas dos habitantes de Valadares relacionadas coa construción do seu espazo.

Aínda que o blogue estará sempre aberto, tanto a novas incorporacións do resto das actividades do encontro, como a achegas en xeral de calquera persoa interesada no proceso, os proxectos que por agora forman parte de Territorios Colectivos Valadares son:

- "Benvida á RuRuRbania" de Tecnoloxías Apropiadas

- "Vida e milagres do Alg-a Lab no Strip de Valadares" de Ergosfera

 

[ESP]

Territorios Colectivos Valadares es un blog iniciado como parte del VI Encuentro de Arquitecturas Colectivas: AACC Galiza, que se desarrollará en Valadares (Vigo) del 11 al 14 de septiembre de 2013.

Su comienzo se debe a la confluencia en torno a una serie de cuestiones compartidas de varios de los proyectos que se desarrollarán en el encuentro:

- por una parte, afinidad temática, ya que su desarrollo implica de algún modo la investigación sobre nuevas formalizaciones del territorio gallego contemporáneo (a través de la revisión de ideas como la urbanidad de las cosas o la crisis del derecho a la ciudad) y el análisis de su materialización ¿genérica? en el entorno de Valadares que habitaremos durante estos días,

- por otra parte, el enfoque, ya que comparten un posicionamiento crítico-pero-inevitablemente-optimista sobre los valores de unos territorios que la técnica considera desgraciados y que el capital sólo concibe como “su” futura oportunidad,

- y por último, sus objetivos, ya que lo que buscan son nuevas fórmulas para posibilitar el "buen vivir" en un medio donde lo colectivo parece disponer de los espacios y tiempos apropiados para dialogar de una forma alternativa con lo público y lo privado.

A partir de las semanas previas al encuentro se irán colgando aquí todo tipo de documentos y recursos de trabajo, ya que uno de los objetivos del blog es proporcionar a la comunidad Alg-a y a l@s vecin@s de Valadares una recopilación de información, análisis y propuestas sobre su territorio que, partiendo de un enfoque crítico con respecto a las doctrinas institucionales y capitalistas sobre la cuestión urbana en la Galicia difusa, rururbana, transgénica o como queramos definirla, planteen nuevas y optimistas posibilidades de lectura de elementos como el Alg-a Lab o de la propia estructura urbana de la parroquia. Una humilde contribución a las derivas vitales y activistas de los habitantes de Valadares relacionadas con la construcción de su espacio.

Aunque el blog estará siempre abierto, tanto a nuevas incorporaciones del resto de las actividades del encuentro, como a aportaciones en general de cualquier persona interesada en el proceso, los proyectos que por ahora forman parte de Territorios Colectivos Valadares son:

- “Bienvenida a la RuRuRbania” de Tecnoloxías Apropiadas

- “Vida y milagros del Alg-a Lab en el Strip de Valadares” de Ergosfera

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>