Porto Cabral, ¿utilidade pública e interese social ou especulación e expolio?

Artículo do proxecto: O monte é noso_sachando procomún

Porto Cabral pretende ser un complexo comercial con zonas para o ocio e o deporte. Un retail park: un parque que supera o concepto de centro comercial introducindo zonas de ocio. A iniciativa parte dun “grupo inversor”, Eurofund Investments, de capital británico. Quérese situar na parroquia de Cabral, moi perto do centro de Vigo.

O proxecto, similar a Porto Venecia, en Zaragoza, http://www.puertovenecia.com/, plantexa ocupar unha cuarta parte de Liñeiriños (Cabral, Vigo) e ofrecer 187.000 metros de superficie arrendable. Ocuparía aproximadamente 1,5 millones de metros cadrados e  situaríase bordeando a autopista AP-9, entre o polígono do Rebullón e os campos de fútbol do Santa Mariña.

Gran parte do solo de Liñeiriños é Monte Veciñal en Man Común e pertence aos comuneiros de Cabral. No Plan Xeral a clasificación dos terreos como solo urbanizable permite legalmente albergar o complexo, dentro das características que se especifican da ficha do sector urbanizable(facer referencia ó punto da normativa do Plan xeral).

Segundo a lei de Montes Veciñais en man Común os comuneiros non poderían vender o solo, pero si poderían ser expropiados ou obter melloras por diferentes vías “por causa de utilidade pública ou interese social prevalente” (artigo 6 da Lei de MVMC), como podería ser o caso de permutas ou inversións en dotacións para a parroquia. “Queremos unha expropiación pactada, non forzosa” decían os veciños.

Ligada a execución de Porto Cabral no Plan Xeral atópase o desenrolo da Cidade deportiva do Celta en Valadares e da Ronda rural viguesa que partiría en dous un gran parte das parroquias viguesas. O Plan Xeral establece que co desenrolo de Porto Cabral deberíanse pagar boa parte destas novas cidades.

Dende o LAR de investigacion O Monte é noso, queremos valorar e compartir algúns aspectos deste caso.

1) A conveniencia dun área “lúdico-comercial” dese calibre
Remetímonos ao que ten pasado na Coruña cos centros de Marineda City e Dolce Vita. No artículo http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/10/01/galicia/1349117926_131436.html
sobre o Crack da burbuxa comercial atopamos:“Bajo la entusiasta mirada de la Administración local y autonómica, las grúas y hormigoneras levantaron moles comerciales en el extrarradio de la ciudad al tiempo que el pequeño comercio colgaba silenciosamente el cartel de “liquidación por cierre.”
En los últimos 10 años, un total de 4.000 pequeños establecimientos pusieron fin a su aventura empresarial en A Coruña, destruyendo 6.000 puestos de trabajo.”
“También la Administración local, ahora en manos del PP, empieza a reconocer una realidad que no escapa a ojos de nadie, hay demasiadas áreas comerciales y su crecimiento se hizo sin tener en cuenta los intereses del pequeño comercio.”

2) O cuestionamento dun modelo baseado en megaáreas
O modelo das “megaáreas” ou “Cidades” non é algo novo en Galicia. Ademais dos centros comerciais citados anteriormente temos tamén o exemplo da Cidade da Cultura. Plantexada coma un ben indiscutible, hoxe a opinión xeneralizada entre os galegos é que foi un fracaso máis ca notable. O mesmo ocorre coa posible Cidade deportiva do Celta. Xa existe un grande complexo na Madroa. ¿Non é mais razonable reformar o que xa existe se se considera tan necesaria a súa realización?

3) O modelo urbanístico obsoleto que proclama
Hai unha coincidencia temporal dos dous plans, unidos polas cargas do Plan Xeral. Ademais da Cidade do deporte de Valadares, as cargas derivados do plan de Porto-Cabral financiarán parte da Ronda rural: é unha vía de alta capacidade, unha especie de cinturón de circunvalación que parte en dous as parroquias do rural vigués de leste a oeste, abrindo a porta a futuras operacións especulativas por todo o territorio do concello, e destruindo boa parte do rurubano vigués.
Como se pode aprender doutros casos acontecidos noutras cidades coma Monesterio (Madrid), estes mecanismos abren a porta á especulación, recalificando terreos para a construcción de casas. Un modelo que tras a burbuxa inmobiliaria non ten sentido ningún.

4) A situación xurídica do MVMC de Cabral para acoller esta obra:
Revisando a lexislación dos MVMC inevitablemente xúrdennos algunhas preguntas:

  • Artigo 6 da Lei de Montes Veciñais en Man Común: Os montes veciñais só poderán ser obxecto de expropiación forzosa ou impoñérselles servidumes por causa de utilidade pública ou interese social prevalentes ós dos propios montes veciñais.

¿Está xustificada a expropiación dos terreos de Liñeiriños respondendo ao criterio de “utilidade pública ou interese social” deste proxecto? ¿Facer un parque privado comercial e de ocio a beneficio do fondo de inversosión Eurofund Investments é de utilidade pública?

  • Artigo 5 da Lei de Montes Veciñais en Man Común: Os  montes veciñais en man común, malia a súa inalienabilidade, poderán ser obxecto de cesión temporal, en todo ou en parte, a título oneroso ou gratuíto, para obras, instalacións, explotacións de diversa índole, servicios ou outros fins que redunden de modo principal no beneficio directo da Comunidade de veciños, de acordo coas maiorías previstas no artigo 18.1. A cesión poderá ser por tempo indefinido en favor de calquera das Administracións Públicas cando sexa destinada a equipamentos a prol da propia Comunidade, e en tanto se manteña o fin para o que foi feita a cesión.

¿Está xustificado a cesión para “que redunden de modo principal no beneficio directo da Comunidade de veciños”?. Dende o noso punto de vista, o único que xustifica esta cesión é o diñeiro directo o indirecto que vai quedar entre as constructoras, o grupo inversor Eurofund Investments, entre todos os que sempre se lucran con este tipo de negocios que tanto alimentaron á burbuxa inmobiliaria en España e as migallas que recibirán os comuneiros. A mesma mentalidade que nos levou á situación actual, categorizada coma “Xenocidio financieiro”.

5) O impacto social e o modelo de sociedade:

  • "La zona ocupa más de 400 parcelas repartidas entre fincas para el cultivo y masa de arbolado. Cuenta con la ventaja de que, en la forma en que se ha delimitado el área para la ciudad deportiva, no existe ni una solo vivienda afectada, lo que convierte en nulo el impacto social."

extracto tomado do xornal Faro de Vigo

¿Acaso a destrucción de parcelas de cultivo e de masa de arbolado non constitúe unha importante eiva para a sociedade, para os veciños dunha parroquia e para toda a cidade?
Dende o Monte e noso estamos traballando pola revalorización dos montes veciñais en man común e a súa multifuncionalidade. Os MVMC albergan valores impagables para a sociedade no plano inmaterial, ademais de todo o coñecemento xenerado entorno ao plano material, e a innegable riqueza de recursos.
Tamén pensamos que as zonas de cultivo fomentan un modelo de sociedade máis sano e avanzado baseado na soberanía e na autosuficiencia. Vigo é unha das cidades que forman parte do interesante programa da Unión Europea “Supurbfood” http://www.supurbfood.eu/ sobre o estudo da sustentablidade das áreas urbanas e periurbanas das cidades e de que sexan productoras de alimentos. Dende o monte é noso entendemos que este é un modelo mais eficaz que o que propón a Porto Cabral, a Cidade Deportiva e a Ronda Rural.
O modelo de sociedade que fomenta este tipo de Mega-áreas dende a perspectiva de ecoloxistas en acción: http://www.ecologistasenaccion.org/article.php3?id_article=132%20%22target=blank%22

6) O cuestionamento das maneiras de actuación.

  • “La  postura municipal es clave ya que al Concello le corresponde desarrollar el planeamiento urbanístico del ámbito de Liñeiriños. Éste se dividirá en varios polígonos y el  suelo saldrá a concurso, por lo que pueden optar otros promotores, pero dada la envergadura de la operación de Eurofund, el grupo inversor contaría con importantes bazas  para ocupar el terreno. Al Concello le corresponde aplicar el mecanismo expropiatorio, lo que no impide que los comuneros lleguen a acuerdos con los promotores del ámbito, tal y como las dos partes tratarán a partir de los próximos días.”

extracto tomado do xornal Faro de Vigo

Inevitablemente esta nova lémbranos a outros actos que non parecen moi legales. Acaso facer unha lei ad hoc para o beneficio dun privado non é prevaricar, ¿É unha operación xa pactada?:
O mesmo pode dicirse coas maneiras adoptadas en Valadares:

  • “El  concello no puede vender al Celta el suelo, que debe ser público. La ley tampoco le permite otorgar directamente una concesión. La Administración tiene que convocar un concurso pero el ámbito se adapta a las necesidades del club y parece muy difícil que opte ninguna otra entidad a ocupar esa superficie con las mismas características. Concello y Celta, según fuentes municipales, ha ido de la mano en la definición de las condiciones”

extracto tomado do xornal Faro de Vigo


¿Como é posible que o Celta e o Concello se poñan dacordo no desenrolo dun plan que ten que ser un concurso aberto?, ¿está xa dado de antemán?.

CONCLUSIÓNS

  1. Non dubidamos de que haxa estudos de viabilidade que avalen o proxecto, aínda que ultimamente os “expertos” que fan estes estudos teñen dudosa credibilidade.
  2. Plantexámonos tamén se unha Cidade do Deporte nova é necesaria cando xa hai unha construída na Madroa.
  3. Dende o noso punto de vista a propia lexislación que ampara este tipo de accións vai en contra do man común e da esencia dos MVMC.
  4. ¿Ata que punto os comuneiros actuais (os veciños de hoxe) poden decidir sobre a pérdida deste ben comunal? Se eles teñen esta propiedade en man común é gracias a que xeneracións pasadas as mantiveron, e eles deberían de ter o compromiso de pasalas ás xeneracións futuras, protexendo o man común.
  5. Pensamos que os comuneiros deberían protexer o seu ben en man común, pois conforme a casos coma este, poden perderse os montes en man común polo interese puntual dos comuneiros de  hoxe. Cremos firmemente que o que se propón vai contra a Lei de Montes Veciñais en Man Común.
  6. Tememos que esta pérdida pode producirse máis que polo interese social, simplemente por diñeiro. Uns poucos cartos para algúns e moito para uns poucos, Pan para hoxe, e fame para mañá.Sobran exemplos similares, que remataron en fracaso.
  7. Son os comuneiros en Asamblea do MVMC de Cabral do próximo 21 de abril os que teñen que dar o sí a venta/expropiación/cesión ou o mecanismo que eles pacten. É imprescindible que eles estean dacordo.

Dende o Monte é noso animamos aos comuneiros de Cabral e Liñeiriños a reflexionar entorno ás cuestións aqui plantexadas.