A paisaxe Rururbana

A paisaxe Rururbana

Traballo de investigación de TANKollectif e Tecnoloxías Apropiadas, 2011

“A súbita evolución do territorio galego a partir do inicio da industrialización nos anos 50, transformou o territorio do entorno das cidades e vilas de Galicia dun xeito particular: cara un novo tipo de paisaxe que, sen esquecer as súas raíces agrícolas, comezou a incorporar novos elementos que respostaban ó contexto urbano emerxente, iniciándose un intenso crecemento espontáneo que ten continuado ata hoxe.

Unha rápida ollada sobre o estado actual destas áreas o calificaría de desordeado e caótico: unha sorte de enorme slum, favela ou bidonville. En cambio, un enfoque sistémico, mais coidadoso e reflexivo, permitenos aprehender a súa lóxica interna, alonxada dos modelos habituais,…

Trátase dun dos escasos exemplos de crecemento orgánico a gran escala nas últimas décadas no contexto europeo occidental. Xurdido pola masiva emigración do campesinado ás cidades, posúe unha forza tal que se ten consolidado nun breve período de tempo como a paisaxe dominante no ámbito urbano galego e do norte atlántico portugués.

Esta paisaxe, fortemente ligada á etnografía, antropoloxía e xeomorfoloxía galegas e que posúe na súa primeira configuración trazos dun asentamento informal, sen planificación, se consolida como a natural evolución da paisaxe agrícola tradicional postindustrial. É o que se ven chamando paisaxe rururbana, cidade difusa, paisaxe transxénica o agregado urbano.” (…)

 

 

 

A paisaxe RuRuRbana

Traballo de investigación de

TANKollectif e Tecnoloxías Apropiadas no 2011