O paso dunha identidade rural a unha urbana: Os casos de Carballo e A Coruña

O PASO DUNHA IDENTIDADE RURAL A UNHA URBANA: OS CASOS DE CARBALLO E A CORUÑA.

por María José Piñeira Mantiñán e Bernardo Vázquez García. U.S.Compostela

ANTROPOLÓGICAS, Ediciçáo Especial, 1998

O estudio que a continuación imos presentar está baseado nunha serie de enquisas feitas a persoas que residen nunha pequena vila galega (Carballo) e nunha das dúas urbes rectoras (A Coruña), cun continxente poboacional de 10.000 e 240.000 habitantes respectivamente. Pedimos á xente que realizasen un maoa mental das dúas cidades para que servise de explicación a un posible foráneo. O obxectivo do mesmo era analizar como os individuos que viven nos seus respectivos cascos urbanos deixan de identificarse co medio rural que os circunda a pesares de que a gran maioría deles procede dese mundo.

Na comunidade galega as cidades e cabeceiras comarcais estructuranse de xeito concéntrico. Básicamente podemos distinguir tres áreas: dúas delas atopámolas ben definidas -o mundo urbano e o mundorural- e unha terceira na que se misturan as dúas anteriores -o rururbano- e na que si ben perviven as leiras non acontece o mesmo coa mentalidade campesina que pouco a pouco se foi esquecendo en decrimento das costumes urbanas.

As imaxes ambientais son o resultado dun proceso bilateral entre o observador e o seu medio. Este último suxire distincións e relacións, e o observador escolle, organiza e dota de significado ó que ve (Lynch, 1982) e o que coñece. De feito, nos mapas mentais observamos que as persoas representan detalladamente o lugar onde residen, ó que van mercar ou aquel no que pasan o seu tempo de leer; mentras que o resto do espazo, dado que non o coñecen, siplemente o esbozan ou se esquecen.

Según Lynch a imaxe da cidade organizase ó redor de cinco elementos básicos: os camiños, os fitos, os nodos, os barrios e os bordes, co obxectivo de plasmar nun plano subxectivo o resultado e obter a visión global que teñen os cidadán de cada urbe.

Por conseguinte, imos tratar de ver cál é o resultado dese proceso para as dúas cidades anteriormente mencionadas, cáles consideran os seus habitantes os lugares máis representativos, por si ben onde transitan máis amiúdo, en definitiva, cómo ven eles o seu espazo vivido. Os Camiños: en ámbolos dous casos as sendas máis importantes correspóndense coas rúas que artellan os núcleos urbanos, pero que deben ser estudiadas dende diferente perspectivas xa que mentras unhas son as que rixen as entradas cara a cidade, outras actúan coma rondas de circunvalación. Cunha frecuencia menor, se aprecian vías destinadas tanto ó ocio ,coma ó comercio, así como viais que se corresponden cos sectores centrais de ámbalas dúas cidades. Os camiños que quedan fora deste sector aparecen cunha peridiocidade escasa o que pode ser debido a os sectores de recente construcción. Extrañounos que en ningunha das enquisas aparece nin a máis mínima referencia ó rurubano; semella que o xeito de vida urbano calou fondamente na mentalidade das persoas de Coruña e Carballo, chegando ó extremo de darlle as costas ó lugar de procendencia dunha gran parte deles.

Os fitos: son puntos de referencia básicos no que o observador non pode entrar, son externos a él (edificios, tendas…). O primeiro que se observa é que case a metade dos fitos están encravados no centro. Esto fainos reafirmar a gran importancia que este sector ten para a via cotiá en ambos núcleos. Soen ser elementos con gran importancia pola sua funcionalidade ou utilización (casas dos concellos, Torre de Hércules).

Os nodos: son lugares estratéxicos da paisaxe urbana onde o observador pode penetrar. Soen coincidir con confluencias de sendas ou con lugares de usos determinados. Tanto en Carballo coma na Coruiia dominan os nodos temáticos ou espacios caracterizados por unha actividade tipica, por exemplo, praias de Riazor e Orzán (A Coruña), xardíns municipais (Carballo) destinadas ó lecer. Outros nodos de menor representatividade correspondense con diversas Prazas que se emplazan no centro urbano; isto é debido a que nos sectores construídos durante o periodo desarrollista a falla de equipamentos e espacios libres é moi grande por causa da gran carga especulativa que primou á hora da súa construcción.

Os barrios: son os distintos sectores da cidade no que o observador entra mentalmente e que son recofiecibles por ter un carácter común que os identifica. Nas dúas cidades o sector centro é o de maior percepción, pero hai que matizar que ningún habitante consultado o abarca por completo. Isto é debido a que é aquí onde se concentrar a maior parte dos servicios demandados pola comunidade. O resto dos sectores presentan unha frecuencia de aparición moi baixa, e mesmo nula (o rururbano) tanto polo rechazo dos novos ensanches como pola vida do rural.

0s bordes: son os elementos que constitúenos límites entre diferentes áreas, son rupturas lineais da continuidade. En Carballo e Coruña existen dúas barreiras físicas que limitan claramente a imaxe mental das súas xentes; no primeiro caso son dous ríos que a travesan a cidade, e no segundo é o mar. Pero ademáis existe unha barreira psicolóxica que se extende polo anel exterior dos sectores urbanísticamente consolidados. É un elemento invisible. trátase dunha franxa que separa o cemento da terra, o urbano do rural e que aparece cunha representatividade de case o 95%.

Todo o anteriormente exposto ten a súa orixe .no éxodo rural que viviu a nosa Comunidade Autónoma da década dos sesenta e que expulsou á xente do campo cara ás cidades por mor da industrialización que se viviu neses anos. Isto xerou unha demanda de novas vivendas que trouxo consigo un espectacular crecemento urbano que se resolveu coa anexión de novas parroquias, como Bertoa no de Carballo e Oza no da Coruña.

Como froito desta situación os sectores rurais máis próximos foron engadidos ós núcleos urbanos e dado que non había un planeamento urbano que controlase a especulación das terras, os promotores construíron indiscriminadamente nestes sectores. Por iso, na actualidad aínda podemos atopar leiras no medio das cidades. Pero ademáis, prodúxose un trasvase dos modos de vida urbanos ó mundo rural. Isto tradúcese en dúas situacións case opostas. Por unha banda, temos xentes que conservan aínda certa parte das súas orixes rurais, traballando esos pequenos islotes de terra a tempo parcial, posto que a súa actividade principal está no sector secundario ou terciario; e, por outra parte, temos aqueles que perderon totalmente a súa identidade rural e que rexeitan totalmente unha volta ó lugar de onde saíron (o campo). En resumo, podemos dicir que o espazo rururbano non é aceptado polos cidadáns, do mismo xeito que as persoas que viven nestas áreas de transición non ven con bos ollos a expansión urbana que se produce a costa das súas propiedades. Pero si temos en conta que as cidades só poden medrar absorvendo estes espacios podemos afirmar que nun futuro non moi lonxano o rururbano se convertirá en urbano e asimilará os seus modos de vida característicos.

BIBLIOGRAFÍA: LYNCH, K. 1982. A Imagen da Cidade, Lisboa, Edicoes 70